Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (582/2018).

Eu, María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 582/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Rodríguez Pedreira contra Galaica de Luxe, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Luis Rodríguez Pereira, contra a entidade Galaica Deluxe, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto con efectos do 5 de xuño de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (5 de xuño de 2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Galaica Deluxe, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 185,44 euros, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou causa habente seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galaica de Luxe, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza