Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2019 Páx. 4091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 82/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 82/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Gescasa Obras y Servicios, S.L., sobre ordinario, ditouse decreto de insolvencia o 19.12.2018 impugnable en revisión no prazo de tres días, que se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gescasa Obras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza