Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3869

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2034/2018).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 2034/2018.

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 721/2016 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrentes: María Vanessa Rodríguez Canzobre, Hugo Meilán Rodríguez.

Avogada: Marina Isabel Álvarez Santos.

Procurador: Luis Ángel Painceira Cortizo.

Recorridos: Fogasa, Constructora San José, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L. , Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A.

Avogados: Miguel Vizcaíno Fernández de Casadevante, José Rafael Nieto Olano.

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 2034/2018 desta sección, seguido por instancia de María Vanessa Rodríguez Canzobre, Hugo Meilán Rodríguez contra Fogasa, Constructora San José, S.A., Francisco José Cabeza, S.L., Reforlema, S.L., Construcciones Nansus, S.L., Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 19 de decembro de 2018.

O anterior escrito subscrito polo procurador Luis Painceira Cortizo, en nome e representación de María Vanessa Rodríguez Canzobre e Hugo Meilán Rodríguez, únase o recurso da súa razón xunto coas súas copias. Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 da Coruña que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Reforlema, S.L, Construcciones Nansus, S.L y Construcciones Eugenio Nava Viar, S.A, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentencia, o cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza