Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3866

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2041/2018-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2041/2018-CON

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 72/2014. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: José Manuel Juste Oya

Avogado: Alfredo Briales Porcioles

Recorridos: Lemos Romero, S.L., Canteras Vilafría, S.L., Grisvila, S.L., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, Generali España de Seguros y Reaseguros, Dionisio Carracedo Rodríguez, Balbino Ramírez González, Canteras Fernández Oya, S.L., Grispérez, S.L., Enrique Iglesias Cortaverri, Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Fernández Rodríguez, S.L., Gravas de Atios, S.A.

Avogado/a: Miguel Ángel Cabaleiro Fernández, Emilio La Cuesta Mediero, Fidel Diez Udias, Carlos Domingo Fontán Domínguez, Alberto Viejo López, José Benito Vázquez Estévez, Francisco Javier Cabo Cibeira, Víctor Manuel Domínguez Fernández

Procurador/a: Carolina Moreno Vázquez, Víctor López-Rioboo y Batanero, Ricardo García-Piccoli Atanes, Rafael Francisco Pérez Lizarriturri

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2041/2018-CON desta sección, seguido por instancia de José Manuel Juste Oya contra Lemos Romero, S.L., Canteras Vilafría, S.L., Grisvila, S.L., Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros e Reaseguros, Generali España de Seguros e Reaseguros, Dionisio Carracedo Rodríguez, Balbino Ramírez González, Canteras Fernández Oya, S.L., Grispérez, S.L., Enrique Iglesias Cortaverri, Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Fernández Rodríguez, S.L., Gravas de Atios, S.A., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto por José Manuel Juste Oya fronte á sentenza do 21 de decembro de 2017 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada nos autos 72/2014, revogando a sentenza de instancia en canto ás contías obxecto de condena, que se establecen nos importes que resultan dos pronunciamentos que a continuación se detallan. Así mesmo, revogamos a sentenza de instancia en relación coa condena de Canteras Vilafría como empregadora con responsabilidade directa de Allianz Ras, S.A.

E todo iso cos seguintes pronunciamentos:

1º. O importe total da indemnización obxecto de condena na instancia fíxase en 140.929,23 euros. Todo iso con condena aos empleadores Grispérez, S.L., solidariamente co seu empresario principal Canteras Vilafría, S.L., Balbino Ramírez González, Enrique Iglesias Cortaberri, Lemos Romero, S.L., Canteras Fernández Oya, Granitos Fernández Rodríguez, e a Grisvila, S.L. a aboar a citada indemnización, distribuída entre tales condenados, segundo se recolle na fundamentación xurídica desta resolución, en proporción ao tempo en que a parte demandante prestou servizos para cada un deles á vista do feito probado primeiro da sentenza de instancia.

2º. O importe que se aboará por cada un dos condenados conforme o número anterior, será incrementado desde a data da consolidación das secuelas e ata a presente sentenza co xuro legal.

3º. Mantense a absolución acordada na instancia respecto das restantes codemandadas.

4º. Revógase a sentenza de instancia en relación coa condena como empregadora de Canteras Vilafría, S.L., e respecto da responsabilidade directa de Allianz Ras, S.A. que a sentenza de instancia asociou a tal condena. Mantense unicamente a condena de Canteras Vilafría, S.L. como empresaria principal de Grispérez, S.L. nos termos antes expostos.

5º. Sen custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma ás empresas Grisvilla, S.L., Gravas de Atios, S.A., e Granitos Fernández Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza