Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3864

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1349/2018 IP).

Secretaría: sra. Freire Corzo

RCUD 332/2018 IP

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1349/2018

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 48/2015. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrentes: David Fernández Grande, S.L., Enrique Varela Redondo

Avogado/a: Alfredo Briales Porcioles, Rosa María Tarrago Nesta

Recorridos: Fogasa, Reale Seguros Generales, S.A., Canteras Vilafría, S.L., Ministerio Fiscal, Graniatios, S.L., Caser Seguros Caser Seguros Reunidos, S.A.

Avogado/a: letrado do Fogasa, Carlos Alberto González-Novo Martínez, Emilio la Cuesta Mediero, Yanay Gallego Fernández, Francisco Antonio Concheiro Teijido, José Luis Brea Sanmartín, Manuel Zorrilla Riveiro

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1349/2018 desta sección, seguido por instancia de Enrique Varela Redondo contra o Fogasa, Reale Seguros Generales, S.A., Canteras Vilafría, S.L., Ministerio Fiscal, Graniatios, S.L., Caser Seguros Caser Seguros Reunidos, S.A., Asefa, S.A. Seguros e Reaseguros, Canteras González y Morais, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Gravamir, S.L., Mapfre España, S.A., Cortes de Hormigón de Galicia, S.L., Extracciones Gragonfer, S.L., Extracciones Gramorper, S.L., Cabaleiro Nogueira, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza, María Isabel Freire Corzo.

Na Coruña o doce de decembro de dous mil dezaoito.

O anterior escrito presentado polo letrado Emilio de la Cuesta Mediero, en nome e representación da empresa Cabaleiro Nogueira e Fernández, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédese á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se atopan á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Tense por feito o depósito de 600 euros para recorrer e o aval bancario por importe de 52.000 euros cuxo orixinal quedará nesta secretaría, e expedirase testemuño para a súa unión á peza.

Expídase testemuño da sentenza citada como de contraste que se unirá á peza separada do RCUD unha vez que se presente o escrito de interposición.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún sen prexuízo de que a parte recorrida poida opoñerse á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Letrado da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Extracciones Gramorper, S.L., Canteras González y Morais, S.L., Extracciones Gragonfer, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza