Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3862

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Mediante Resolución desta dirección xeral do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 50, do 12 de marzo) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

Na súa base sétima disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, publicándose para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a convocado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 1 de marzo de 2018, e que aparecen relacionados no anexo desta resolución.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e do persoal colaborador, negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade de data 20 de xullo de 2018, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Enfermeiro/a

Presidente/a titular

Rodríguez Muriel, José Matías

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a

Secretario/a titular

Ríos Carro, Mª José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

Vogal titular

Fernández Salgado, José Antonio

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a

Vogal titular

Millán Agrasar, Ana Mª

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a

Vogal titular

Otero Rodríguez, Marta

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a

Presidente/a suplente

Fernández Varela, Mª del Pilar

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a

Secretario/a suplente

Andrade Suárez, Paz

Persoal funcionario do corpo superior de administración da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Grandal Fernández, Juan Enrique

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Martínez Morán, Juan Carlos

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a

Vogal suplente

Rodríguez Iglesias, Francisco Javier

Persoal estatutario de xestión e servizos

Enfermeiro/a