Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3871

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (notificación de sentenza de recurso de suplicación 3663/2018).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3663/2018 desta sección, seguido por instancia de Arturo Valiño López contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Micar Estrada de Construcciones, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto por Arturo Valiño López fronte á sentenza do 4 de abril de 2018, do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, ditada nos autos número 295/2016, seguidos fronte ao INSS, TGSS, Micar Estrada de Construcciones, S.L. e a mutua Fremap.

Todo iso confirmando a sentenza de instancia e sen condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano do mesmo.

–Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Micar Estrada de Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza