Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2509

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 207/2018).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 207/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Rodríguez Ezquerra contra a empresa Streamnow, S.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre despedimento, se pronunciou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 13 de decembro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vendo os presentes autos seguidos neste xulgado co número 207/2018, sendo parte nel como demandante Sergio Rodríguez Ezquerra, asistido pola letrada Mónica Mesías Vázquez, e como demandado Streamnow, S.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza

Decisión.

Que, estimando a demanda interposta por Sergio Rodríguez Ezquerra, con citación do Fogasa, contra a empresa Streamnow, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 43.535,64 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 104,09 euros por día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de consignar a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Streamnow, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza