Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2508

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (647/2017).

Eu, María Elma Monzón Cuesta, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, polo presente

Anuncio

No presente procedemento ordinario 647/2017 seguido por instancia de María de las Mercedes Suárez Bouza, ditouse sentenza que estima integramente a demanda e contra a que poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación, que se presentará ante este xulgado con suxeición ao prevido nos artigos 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil.

E atopándose o demandado Daniel Bouza Chao expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Coruña, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza