Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2506

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO RSU (2894/2017).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2894/2017

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 263/2015 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Granitos do Couto, S.A., José Manuel Domínguez Pérez, Graniblock, S.L.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Rodríguez Domínguez, Roberto Rodríguez Domínguez, José Antonio Rodríguez Domínguez, Delia Domínguez Fernández, Granitos Fernández Rodríguez, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2894/2017 desta sala, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Granitos do Couto, S.A., José Manuel Domínguez Pérez, Graniblock, S.L., contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Rodríguez Domínguez, Roberto Rodríguez Domínguez, José Antonio Rodríguez Domínguez, Delia Domínguez Fernández, Granitos Fernández Rodríguez, S.L., sobre recarga de accidente, a Sala IV do Tribunal Supremo pronunciou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada Beatriz Lago Gómez, en nome e representación de Graniblok, S.A. contra a sentenza pronunciada pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 21 de novembro de 2017, interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, Granitos do Couto, S.A., Graniblok, S.L., José Manuel Domínguez Pérez e Blokdegal, S.A., fronte á sentenza pronunciada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo, con data do 29 de setembro de 2016, no procedemento 263/2015 seguido por instancia de José Manuel Domínguez Pérez contra a comunidade hereditaria de José Rodríguez Represas, integrada por Delia Domínguez Fernández, Dolores Rodríguez Domínguez, José Rodríguez Domínguez e Roberto Rodríguez Domínguez, Granitos Fernández e Rodríguez, S.L., Blokdegal, S.A., Graniblok, S.A., Granitos do Couto, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre recarga de prestacións.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificado desta resolución e comunicación.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados indicados na marxe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Granitos Fernández Domínguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de decembro de 2018

A letrada da administración de xustiza