Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2019 Páx. 2511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 680/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 680/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Luís Alberto Saavedra Salgueiro contra a empresa Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., sobre despedimento, se expediu a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 680/2018.

Persoa a quen se cita: Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, de ser o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que intente valerse e tamén, se a parte contraria o pide, e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 25 de febreiro de 2019, ás 11.45 horas, no andar 4, sala 9, edificio de Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 25 de febreiro de 2019, ás 11.45 horas no andar 4, sala 9, edificio de Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais.

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continurá sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderanse considerar recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte solicitada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que se practicar nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

O seu interrogatorio como demandado.

Para ese efecto indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultasen en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

5º. Débelle comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou solicitados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se lle convoca (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos consonte o disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, agás que de común acordó o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder de quince días.

Lugo, 12 de setembro de 2018.

O letrado da Administración de xustiza».

E así mesmo, no procedemento 735/2018, pronunciouse auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Dispoño: acceder á acumulación acordada do procedemento 735/2018 aos autos 680/2018, que se tramitan neste mesmo xulgado.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou solicitados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que lle sirva de citación e notificación en legal forma a Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 11 de decembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza