Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2109

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (F02 283/2017).

Cédula de notificación:

Eu, María José Vázquez Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria, dou fe de que no procedemento de familia, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial núm. 283/1017, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Sarria, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza:

Sarria, 3 de outubro de 2018

Vistos por min, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, os presentes autos civís de xuízo verbal de medidas paterno-filiais nº 283/2017, iniciado por instancia de Perla Massiel Mosquea Santos, representada pola procuradora Reyes Abella García e asistida pola letrada Alba López Pérez, fronte a Joan Manuel Ortiz Dechamps, con intervención do Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva:

O menor Jadiel Manuel Ortiz Mosquea quedará baixo a garda e custodia da nai, en cuxa compañía vivirá. Ambos os proxenitores compartirán a patria potestade.

Fíxase como réxime de comunicación, visitas e estancia a favor do pai o que de modo consensuado pacten ambos os proxenitores.

Na falta de acordo dos proxenitores, concederase a favor do pai un réxime de visitas polo cal poderá ter consigo o seu fillo menor de idade as fins de semana alternas, desde as 20.00 horas do venres ata as 20.00 horas do domingo, debendo recollelo e entregalo no domicilio actual da nai.

O proxenitor non custodio terá na súa compañía o seu fillo menor os seguintes períodos vacacionais: quincenas alternas no verán (xullo e agosto) e a metade de vacacións de Nadal e Semana Santa. O proxenitor non custodio elixirá o período vacacional que gozará nos anos pares e a proxenitora custodia nos anos impares.

A comunicación de elección das datas deberase facer con quince días de antelación e a recollida e entrega do menor realizarase no domicilio do menor.

Establécese unha pensión de alimentos a cargo do proxenitor non custodio de cen euros (100 euros) a favor do fillo menor de idade, que deberán ser ingresados dentro dos 7 primeiro días de cada mes no número de conta designado pola Sra. Mosquea.

A pensión de alimentos actualizarase cada ano no mes de xaneiro de conformidade co IPC que publique o INE ou organismo que o substitúa.

Igualmente, o pai aboará o 50 % dos gastos extraordinarios do fillo, logo de xustificación do seu importe.

Sen expreso pronunciamento en custas.

Notifíquese a sentenza ás partes, indicándolles que contra ela poden interpor recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contado desde o seguinte ao da súa notificación, recurso do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo.

Así o acorda, manda e asina, Paula Ventosa Bermúdez, maxistrada xuíza de adscrición territorial do TSXG adscrita ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Joan Manuel Ortiz Dechamps, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Sarria, 12 de decembro de 2018

A secretaria