Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1011/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1011/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Bermúdez Espantoso contra Origa Ingeniería, S.L. sobre cantidades, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Antonio Bermúdez Espantoso contra a entidade Origa Ingeniería, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Origa Ingeniería, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.802,10 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en agosto e setembro de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Origa Ingeniería, S.L, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza