Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 793/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Romón López contra Fogasa, Iberian Soul, S.L., sobre cantidades, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo David Romón López contra a entidade Iberian Soul, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Iberian Soul, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 3.656,60 € brutos por salarios devindicados entre maio e xuño de 2017, parte proporcional de pagas extras de xullo, Nadal e beneficios, e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 124,59 € por indemnización por fin de contrato.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese a presente resolución ás partes, e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
E para que sirva de notificación en legal forma a Iberian Soul, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.
A Coruña, 12 de decembro de 2018
A letrada da Administración de xustiza