Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2113

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (620/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 620/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Rodríguez Carballo contra Fondo de Garantía Salarial, Transportes Martínez Souto, S.L., administración concursal de Transportes Martínez Souto, sobre cantidades, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Miguel Rodríguez Carballo contra a entidade Transportes Martínez Souto, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Transportes Martínez Souto, S.L. e a súa administración concursal, a aboar ao demandante a cantidade de 6.847,26 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en abril de 2017 e diferenzas da pro rata de pagas extras, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Igualmente, ditouse auto, co seguinte contido:

Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nos presentes autos o 12 de setembro de 2018, e así, no seu feito probado primeiro, cando fixa o salario do demandante, debe dicir 5.164,40 € e non 5.030,84 €, como se recolle. Mantéñense os restantes pronunciamentos.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpor ningún recurso, sen prexuízo do que proceda fronte á sentenza ditada, cuxo prazo de formulación se iniciará coa notificación da presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Martínez Souto, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de decembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza