Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 2106

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (F02 38/2017).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 5/2018.

Xuíz que a dita: Jorge Hernández García.

Lugar: Carballo.

Data: 8 de xaneiro de 2018.

Parte solicitante: Cristina do Rosario Monteiro Rodrigues Pinto.

Avogado: Miguel Ángel Ferreiro Suárez.

Procurador: Áurea Beatriz Rodríguez Sánchez.

Demandado: Helder Silvino dos Santos Silva, en situación de rebeldía procesual.

Interveniente: Ministerio Fiscal.

Numero de procedemento: familia, garda, custodia e alimentos fillo menor non matrimonial no c 38/2017.

Fallo.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada pola procuradora Áurea Beatriz Rodríguez Sánchez, en nome e representación de Cristina do Rosario Monteiro Rodrigues Pinto, e acordo as seguintes medidas:

1º. A garda e custodia do fillo común atribúese a Cristina do Rosario Monteiro Rodrigues Pinto, quedando compartida a patria potestade.

2º. Helder Silvino dos Santos Silva deberá aboar en concepto de pensión de alimentos unha cantidade de 750 euros mensuais, que se fará efectiva dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe Cristina do Rosario Monteiro Rodrigues Pinto. Esta cantidade será revisada anualmente conforme o índice de prezos de consumo, tomando como base de revisión a cantidade que se estivese pagando no momento de efectuala. Esta cantidade comeza o seu cómputo desde a data de febreiro de 2017 (primeiro mes desde a presentación da demanda). Prevense o obrigado de que incumprir tal pagamento pode xerar responsabilidades penais.

3º. Respecto aos gastos extraordinarios, que en todo caso deberán ser xustificados o seu importe e a súa devindicación, rexeranse polas seguintes regras:

a) Os que teñan carácter médico ou farmacéutico e aqueles que, tendo carácter lúdico ou académico, acordasen a súa realización ambos os proxenitores ou, na súa falta, fosen acordados xudicialmente, serán aboados por ambos os proxenitores por metades. Acórdase o aboamento por metades, para efectos de que sexa factible chegar a un acordo e que por iso non se produza unha maior carga para un dos cónxuxes.

b) Os que teñan carácter lúdico ou académico e non conten para a súa realización co acordo de ambos os proxenitores ou coa autorización xudicial supletoria serán aboados por aquel que determine a súa realización.

Prevense o obrigado de que incumprir tal pagamento pode xerar responsabilidades penais.

4º. Helder Silvino dos Santos Silva poderase comunicar co seu fillo por teléfono, correo, correo electrónico ou por calquera medio que se encontre á súa disposición sempre que se respecte o horario de descanso e de estudo do menor.

5º. Helder Silvino dos Santos Silva terá dereito a estar co seu fillo un día ao ano no período de vacacións de Nadal, que non sexa os días 25 ou 31 de decembro nin o 6 de xaneiro, desde as 10.00 horas ata as 20.30 e sempre que avise a nai con 15 días de antelación a través dun medio que permita deixar constancia deste aviso, e deberá recoller e devolver o menor no domicilio materno.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade na conta deste expediente indicando, no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Helder Silvino dos Santos Silva, expídese esta cédula para que lle sirva de cédula de notificación.

Carballo, 5 de decembro de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza