Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52657

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 583/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día 5 de novembro de 2018 no proceso seguido por instancia de Eduardo Ríos Pulleiro contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M Quinteiro, S.L., Neira y Ferreiro, S.L.U. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 583/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M Quinteiro, S.L., Neira y Ferreiro, S.L.U., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 22.1.2019, ás 11.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fágase saber ás partes demandadas L.R. de Gacaltec, S.L.U., L.R. de Aluminios M Quinteiro, S.L., L.R. de Neira y Ferreira, S.L.U. e a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende que deberán comparecer persoalmente ou a través de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Advírtese que, en caso de non comparecer, poderáselles impor a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparecen sen xusta causa á primeira citación, se negan a declarar ou persisten en non responder afirmativa ou negativamente, malia o apercibimento que se lles fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase que responda un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos deberá achegar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Requírense os demandados L.R. de Gacaltec, S.L.U., L.R. de Aluminios M Quinteiro, S.L., L.R. de Neira y Ferreira, S.L.U. e a Manuel Alejandro Quinteiro Rosende para que presenten, con polo menos 5 días de antelación ao acto de xuízo, os documentos solicitados pola parte demandante no seu escrito de demanda, e que se detallan a continuación:

– Contratos de traballo formalizados co demandante, así como as súas prórrogas.

– Recibos de salarios do demandante correspondentes aos anos 2016 e 2017.

– Boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ao mesmo período.

– Rexistro da xornada de traballo diaria, 2014, 2015, 2016 e 2017.

– Escrituras de constitución das sociedades e estatutos.

– Libros de rexistro de socios e participacións.

– Contas sociais de cada unha das demandadas correspondentes aos anos 2016 e 2015.

– Vida laboral de cada unha das empresas.

Coa advertencia de que, de non o facer, poderán considerarse probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Aluminios M Quinteiro, S.L., Neira y Ferreiro, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza