Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 276/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 276/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Filgueira Pérez contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018.

Parte dispositiva:

Estímase o recurso de reposición contra o auto do 26 de xullo de 2018 e, en consecuencia, fíxanse os salarios de tramitación na cantidade de 20.154,70 euros, mantendo inalterable o importe da indemnización por importe de 7.638,05, polo que resulta un total de 27.792,75 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación (artigo 191.4.d) da LRXS).

Así o pronuncia, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza