Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52661

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 232/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 232/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Angela Ciupea contra Juan Francisco Vidal Lojo e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Angela Ciupea fronte a Juan Francisco Vidal Lojo, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018.

Tendo presentado a traballadora Angela Ciupea escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Juan Francisco Vidal Lojo da obriga de readmisión, e unha vez despachado auto de execución da sentenza número 405/18, do 18 de setembro, ditada no procedemento DSP 399/18, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, e fixo o vindeiro día 15 de xaneiro de 2019 ás 12.15 horas, para a celebración da comparecencia na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, o acto celebrarase sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Francisco Vidal Lojo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza