Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52655

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 132/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 132/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristian Ricard Saavedra Castro contra José Mario Veiga Barca e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado, José Mario Veiga Barca, en situación de insolvencia total por importe de 2.433,57 euros en concepto de principal (2.010,08 euros en concepto de diferenzas salariais e vacacións, e 423,49 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 243,37 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, inscribila no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de José Mario Veiga Barca, insírase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza