Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 97/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 97/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Álvarez Martínez contra Espectáculos Dobar, S.L. sobre despedimento, se ditou auto en que se despacha execución con data do 21.11.2018, impugnable en reposición no prazo de tres días e dilixencia de ordenación con data do 23.11.2018, en que se cita para comparecencia para o 24.1.2019, impugnable en revisión no prazo de tres días. Ambas as resolucións están á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Espectáculos Dobar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza