Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52653

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1265/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1265/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amara Lorenzo Hernández contra Pure Surfing 2000, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Amara Lorenzo Fernández contra a entidade Pure Surfing 2000, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Pure Surfing 2000, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 6.002,08 € brutos por salarios devindicados entre marzo de 2016 e marzo de 2017, incrementada co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 8.349,60 € como indemnización por despedimento obxectivo con data do 31 de marzo de 2018.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pure Surfing 2000, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza