Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de rectificación de sentenza (PO 1176/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1176/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Regueiro Iglesias contra Servicios Viales Rodiñal, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou o auto de rectificación de sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Dispoño:

Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nos presentes autos con data do 5 de novembro de 2018, na súa resolución, que quedará redactada do seguinte modo, manténdose os restantes pronunciamentos:

«…Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Luis Regueiro Iglesias contra a entidade Servicios Viales Rodiñal, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Servicios Viales Rodiñal, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.060,46 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en marzo de 2017, e compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais...».

Notifíquese esta resolución ás partes coa advertencia de que contra ela non cabe interpor ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, de ser o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de formulación se iniciará de novo coa notificación da presente resolución.

Así, por este auto, mándao e asínao a maxistrada Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Viales Rodiñal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza