Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (auto de aclaración de sentenza CLP 1220/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de clasificación profesional 1220/2015 deste xulgado do social, contra a empresa Interoud Innovation, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou o seguinte auto de aclaración da Sentenza do 12 de novembro de 2018 cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

1. Aclarar a sentenza ditada con data do 12 de novembro de 2018 nos seguintes termos:

Onde di:

“Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1220/2015, en que son parte, dunha banda, como demandante, David García Piñeiro, asistido pola letrada Lourdes del Carmen Gutiérrez Espadas, e, como demandados, Interoud Innovation, S.L., que non comparece, administrador concursal de Interoud Innovation, S.L., Antonio Abuín Porto e Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade e clasificación profesional, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza”.

Debe dicir:

“Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1220/2015, en que son parte, dunha banda, como demandante, David González Piñeiro, asistido pola letrada Lourdes del Carmen Gutiérrez Espadas, e, como demandados, Interoud Innovation, S.L.U., que non comparece, administrador concursal de Interoud Innovation, S.L.U., Antonio Abuín Porto e Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade e clasificación profesional, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza”.

Para que sirva de notificación en legal forma a Interoud Innovation, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza