Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52166

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (SCT 175/2017).

Separación contenciosa (SCT) 175/2017

Sobre: outras materias

Demandante: Houria Rahhou

Procurador: Manuel Sánchez Ortega

Avogado: José Francisco Parada Carames

Demandado: Lakhdar Bekkali

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos da Estrada, dou fe que no procedemento de referencia se ditou a sentenza cuxo encabezamento e decisión din como segue:

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia Sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de separación contenciosa seguidos co número 175/2017 por instancia do procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, en nome e representación de Houria Rahhou, asistida polo letrado Sr. Parada Caramés contra Lakhdar Bekkali, declarado en situación de rebeldía procesual.

Interveu o Ministerio Fiscal representado por Alejandro Tuero González.

Parte dispositiva

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda de separación interposta polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, en nome e representación de Houria Rahhou, contra Lakhdar Bekkali, declarado en situación de rebeldía procesual, e acordo:

1. A separación do matrimonio contraído entre Houria Rahhou e Lakhdar Bekkali, con data 12 de agosto de 2005, en Oujda (Marrocos), con todos os efectos legais que esta declaración leva.

2. A patria potestade dos menores ***, *** e *** corresponde a ambos os proxenitores.

3. A garda e custodia dos menores ***, *** e *** atribúeselle á nai, Houria Rahhou.

4. A atribución a Houria Rahhou e aos tres menores ***, *** e *** do uso e desfrute do domicilio familiar, sito na rúa Padrón nº 1, 2º I, desta localidade.

5. O establecemento dunha pensión de alimentos de 300 euros mensuais a favor dos seus tres fillos (100 euros para cada fillo), que deberá satisfacer Lakhdar Bekkali nos cinco primeiros días de cada mes e por mensualidades anticipadas na conta bancaria que sinale a nai, cantidade que será actualizable anualmente conforme o aumento ou diminución que experimente o índice xeral anual do índice de prezos de consumo ou índice que o substitúa.

6. Cada proxenitor satisfará por metade os gastos extraordinarios.

7. Fíxase o seguinte réxime de comunicación e estadía dos menores ***, *** e *** co seu pai: o que libremente fixen as partes, debido á indiscutible distancia que separa o lugar de residencia de ambos, sen que caiba establecer un réxime subsidiario por idéntica razón.

Non procede a imposición de custas por ser un procedemento de interese público.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e que cabe impugnación mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación. Para a interposición do recurso deberá acreditarse, no momento de prepararse o recurso, a consignación do depósito e demais requisitos legalmente previstos na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, baixo apercibimiento de non admitir a trámite o recurso.

Unha vez que sexa firme esta resolución, expídase oficio exhortatorio ao encargado do Rexistro Civil onde apareza inscrito o matrimonio, ao cal se xuntará testemuño dela, co fin de que anote a súa parte dispositiva na correspondente inscrición de matrimonio (ex artigo 755 da LAC).

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Lakhdar Bekkali, expídese a presente para que lle sirva de cédula de notificación.

A Estrada, 22 de novembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza