Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52169

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín

EDICTO (261/2017).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento de familia, garda, custodia alimentos de filla menor non matrimonial non consensuado 261/2017, seguido por instancia de Ana Isabel Veiga Cid, contra Tiago Manuel Carreiro Pais, en que se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza. Na vila de Verín o oito de novembro de dous mil dezaoito. Vistos por Purificación González López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín e o seu partido, os presentes autos de procedemento de garda, custodia e alimentos 261/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de Ana Isabel Veiga Cid, representada pola procuradora Sra. Moreiras Álvarez e asistida pola letrada Aurora Adegas Nieto, fronte a Tiago Manuel Carreiro Pais, en situación procesual de rebeldía, sobre garda, custodia e alimentos de filla menor.

Decido. Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Moreiras Álvarez, en nome e representación de Ana Isabel Veiga Cid, fronte a Tiago Manuel Carreiro Pais, en situación procesual de rebeldía, e acordo as seguintes medidas:

1. A patria potestade e a garda e custodia da menor atribúese á súa proxenitora Ana Isabel Veiga Cid.

2. Non se establece un réxime de visitas a favor do pai e suspéndese a obrigación do pagamento de alimentos que debería cumprir o pai a favor da menor, sen prexuízo de reavaliar estas cuestións cando o pai da menor se faga presente.

Non procede facer expresa imposición de custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que pronunciase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela».

E para que sirva de notificación ao demandado Tiago Manuel Carreiro Pais, en ignorado paradoiro, expídese o presente.

Verín, 16 de novembro de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza