Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52170

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (DOI 200/2018-aclaración).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 200/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Humberto Alfonso Díaz contra Streamnow, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Resolución do 19 de novembro de 2018 contra a cal non cabe recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a sentenza, e que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Streamnow, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de novembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza