Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52164

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (90/2017).

Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, por medio do presente,

Anuncio.

Neste procedemento de xuízo verbal 90/2017, seguido por instancia de Allianz, S.A. fronte a Yaiza Fernández Feijoo, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decsión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 198/2017

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Gómez Bande

Lugar: Ourense

Data: vinte e dous de setembro de dous mil dezasete

Demandante: Allianz, S.A.

Avogado: José Carlos González Fernández

Procuradora: Lourdes Lorenzo Ribagorda

Demandado: Yaiza Fernández Feijoo

Procedemento: xuízo verbal 90/2017

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado baixo o número 90 do ano 2017, por instancia de Allianz, representada pola procuradora Sra. Lorenzo Ribagorda e asistida da letrada Sra. González Fernández, e como demandada Yaiza Fernández Feijoo, en situación de rebeldía procesual e de quen constan nas actuacións as súas circunstancias persoais.

Decisión.

Estimar totalmente a demanda interposta por Allianz, representada pola procuradora Sra. Lorenzo Ribagorda e asistida da letrada Sra. González Fernández, e como demandada Yaiza Fernández Feijoo, en situación de rebeldía procesual, e condeno a Yaiza Fernández Feijoo a aboarlle á demandante a cantidade de 1215 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine, sen facer especial pronunciamiento en custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a dita demandada, Yaiza Fernández Feijoo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 19 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza