Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52162

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2252/2018 BC).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2252/2018 BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 417/2017 Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: Club Financiero Atlántico, S.A.

Avogado: José Carlos Bouza Fernández

Recorridos: Fogasa, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A ., Mercedes Clarisa Rey Porras

Avogados: letrado de Fogasa, Cristina Estévez Pazos

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2252/2018 desta sección, seguido por instancia do Club Financiero Atlántico, S.A. contra a empresa Fogasa, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), Propietaria Club Financiero Atlántico, S.A., Mercedes Clarisa Rey Porras, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa demandada Asociación Club Financiero Atlántico contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 desta capital, nos presentes autos 417/2017, sobre despedimento obxectivo, tramitados por instancia da traballadora Mercedes Clarisa Rey Porras, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición á entidade recorrente das custas causadas no recurso, que incluirán a cantidade de 500 euros en concepto de honorarios da letrada da parte impugnante. Déaselles aos depósitos e consignacións constituídos para recorrer o destino legal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Propietaria Club Financeiro Atlántico, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza