Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52161

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial da Coruña (Sección 6ª Civil e Penal de Santiago de Compostela)

EDICTO (272/2017).

Eu, Francisco Javier Pedreira Sánchez, letrado da Administración de xustiza da Audiencia Provincial da Coruña, Sección Sexta, fago saber que neste tribunal se segue a peza do recurso de apelación (LAC) nº 272/2017, en que se ditou a Sentenza nº 54/2018, do 23 de marzo de 2018, e que se acordou a publicación deste edicto co fin de notificarlles a dita resolución ás demandadas rebeldes Galimar Promove, S.A. e Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L. Fáiselles saber que a sentenza está á súa disposición na Secretaría desta sección e que contra ela cabe recurso de casación por interese casacional que deberá ser interposto ante esta sección no prazo de vinte (20) días desde a publicación deste edicto.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza