Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51591

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2555/2018-RMR).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2555/2018

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 515/2017. Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrentes: Alberto Fernández Campo, Cheryl Mariel Guinand Tovar, Roberto Cid González, María Jesús García Munín

Avogados: Luis Manuel Salgado Carbajales, Luis Manuel Salgado Carbajales, Luis Manuel Salgado Carbajales, Luis Manuel Salgado Carbajales

Procuradores: Ricardo Garrido Rodríguez, Ricardo Garrido Rodríguez, Ricardo Garrido Rodríguez, Ricardo Garrido Rodríguez

Recorridos: Fogasa, Proyecon Galicia, S.A., Construcciones Dabalpo, S.L.U., Estructuras Dabalpo, S.L., Santiago Sur Galicia, S.L., Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa, Zamora UTE, Infraestructuras Internacionales Dabalpo, S.L., Avensi Ingeniería y Construcción, S.L.

Avogados: letrado de Fogasa, Iago Tabares Pérez-Piñeiro, José Antonio Pérez Fernández, José Antonio Pérez Fernández, Leonilda Villar Fernández, José Luis Suárez-Vence Legerén, Manuel Fernández Álvarez, José Cao García

Procuradores: Alejandro Reyes Paz, Ana Crespo Damota

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2555/2018, seguido por instancia de María Jesús García Munín contra Construcciones Dabalpo, S.L.U. e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado polos demandantes Alberto Fernández Campo e outros contra a Sentenza do 19 de xaneiro de xuño de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, no procedemento 515/2017, seguido contra Estructuras Dabalbo, S.L.U. e outros, confirmando a expresada resolución.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación a Infraestructuras Internacionales Dabalpo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza