Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51593

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (XVB 371/2016).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 371/2016, seguido por instancia de Consorcio de Compensación de Seguros contra Raquel Otero Reiriz, Víctor Manuel del Castillo Fernández e Axa Seguros Generales, S.A., nos cales, mediante a Resolución do 23 de outubro de 2018, se acordou notificar ao demandado, Víctor Manuel del Castillo Fernández, en paradoiro descoñecido, a Sentenza ditada o 19 de outubro de 2018 cuxo encabezamento e resolución teñen o seguinte contido:

«Sentenza 137/2018.

Pontevedra, 19 de outubro de 2018

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, estes autos de xuízo verbal 371/2016 seguidos por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros, asistido do letrado do Estado, Sr. Cuenca Martínez, contra Raquel Otero Reiriz e Víctor Manuel del Castillo Fernández, ambos en situación procesual de rebeldía, e Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, representada polo procurador Sr. Soto Santiago e baixo a dirección técnica do letrado Sr. Castro-Rial Abad, versando o xuízo sobre reclamación por repetición do importe aboado por danos derivados de accidente de circulación.

Resolvo que estimo parcialmente a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Raquel Otero Reiriz e Víctor Manuel del Castillo Fernández e Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros; absolvo a Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros das pretensións deducidas contra ela e condeno a Raquel Otero Reiriz e Víctor Manuel del Castillo Fernández a que lle aboen solidariamente ao Consorcio de Compensación de Seguros a cantidade de 620,08 euros, incrementada cos xuros sinalados no artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) desde a data desta resolución.

As custas procesuais impóñenselles a Raquel Otero Reiriz e Víctor Manuel del Castillo Fernández, con excepción das causadas a Axa Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros, das cales non se fai especial pronunciamento, polo que cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe recurso de apelación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Pontevedra, 23 de outubro de 2018

O/A letrado/a da Administración de xustiza