Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51595

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (XVB 388/2017).

Eu, Pilar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, dou fe de que no xuízo verbal seguido ante este xulgado co número 388/2017 se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 22 de outubro de 2018

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade e os seu partido xudicial, os autos de xuízo verbal 388/2017 promovidos por Mª Constantina Rosario Ayuso, representada pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Toucedo Guisande e asistida pola letrada Nuria Casal Domínguez, contra Esther Rosales García, en rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por Mª Constantina Rosario Ayuso, representada pola procuradora dos tribunais Mª Jesús Toucedo Guisande, contra Esther Rosales García, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, condeno a citada demandada a aboarlle á demandante a suma de mil novecentos vinte e catro euros con oitenta e oito céntimos (1.924,88 euros) máis os xuros legais desde a presentación da demanda.

As custas impóñenselle á parte demandada.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Contra esta resolución non cabe recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Despois de dada e lida na súa data e ao encontrarse en paradoiro descoñecido a demandada, Esther Rosales García, expido e asino este edicto para que lle sirva de notificación á referida demandada.

Vigo, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza