Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 1226/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1226/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Señarís Ramos contra Semcor 3000, S.L., administración concursal de Semcor 3000, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Cristina Señarís Ramos contra a entidade Semcor 3000, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Semcor 3000, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.613,87 euros brutos, en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados entre marzo e xuño de 2016, e compensación económica por vacacións non desfrutadas, así como 455,07 euros brutos por falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Semcor 3000, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza