Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 400/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 400/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Pérez Fernández contra Estefanía Pérez Chas e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade nº 400/2016.

Demandante: Lucía Pérez Fernández

Letrada: Sra. Rodríguez Arranz.

Demandado: Estefanía Pérez Chas.

Letrado:

Sentenza nº 441/2018.

A Coruña, 13 de novembro de 2018.

Estimo a demanda formulada por Lucía Pérez Fernández fronte a Estefanía Pérez Chas e, en consecuencia, condeno a esta a lle aboar á primeira a cantidade de 1.461,39 euros brutos polos conceptos expresados, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estefanía Pérez Chas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza