Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51600

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 226/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 226/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Restaura Galicia, S.L. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018.

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 380/2017, do 1 de setembro, ditada no procedemento ordinario 233/2015, a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción fronte a Restaura Galicia, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 2.916,18 euros en concepto de principal (2.716,18 euros e 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 291,61 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza»

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018.

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Restaura Galicia, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Fundación Laboral de la Construcción e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación a Restaura Galicia, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza