Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51589

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2018 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

De acordo coa base cuarta da Resolución reitoral do 13 de setembro de 2018 (DOG núm. 180, do 20 de setembro) mediante a que se convocou un proceso selectivo para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna, esta reitoría en uso das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo,

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no devandito proceso de selección. A listaxe estará exposta no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade de Vigo (edificio Exeria, Campus de Vigo) e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Segundo. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do exercicio da fase de oposición, o día 26 de xaneiro de 2019, ás 10.00 horas, nas aulas 7 e 8, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 29 de novembro de 2018

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo