Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51272

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2263/2018-IP).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social da Coruña

Secretaria: Sra. Freire Corzo

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2263/2018-IP

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 858/2015. Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Felipe Manuel Santiago Pedrosa

Avogado: Federico Novo Prego

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Prosegur Seguridad, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. nº 15

Avogados: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social, letrado/a de Fogasa, Sonsoles María Sueiro Lemus, Lorenzo Sabell Peláez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2263/2018 desta sección, seguido por instancia de Felipe Manuel Santiago Pedrosa, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Casación en unificación de doutrina: 301/2018-IP

Parte recorrente: Felipe Manuel Santiago Pedrosa

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 13 de novembro de 2018.

O anterior escrito presentado polo letrado Federico Novo Prego, en nome e representación de Felipe Manuel Santiago Pedrosa, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpoñer o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos están á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación das sentenzas que invoca, con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a cal se recorreu se poida opoñer á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Á parte Sistemas de Seguridad S&V Seguridad, S.A.U. notifíquese esta resolución por medio de edicto que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Sistemas de Seguridad S&V Seguridad, S.A.U, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza