Pola Orde do 21 de setembro de 2018 (DOG nº 194, do 10 de outubro) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Sanidade que se detalla no anexo desa orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e demais normativa vixente, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 21 de setembro de 2018 e designar á persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica e que é seleccionada conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.
Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.
O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as.
Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.
Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2018
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Datos do/da funcionario/a:
Apelidos e nome: Porto Porto, Manuel.
NRP: 3243871368 A205W.
Corpo/escala/clase: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e administración sanitaria, clase de licenciados en medicina e cirurxía.
Subgrupo: A1.
Datos do posto de traballo:
Denominación do posto: xefatura do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas.
Código do posto: CSA991000415001001.
Nivel CD: 28.
Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade.
Localidade: A Coruña.