Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51274

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3207/2017-IP).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3207/2017-IP

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 748/2013. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado/a: letrado/a da Tesouraría da Seguridade Social

Recorridos: Andrea Poledna, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel, Exclusivas Torrado Montero, S.L., Cleice Marinho de Souza

Avogado: Ángel Dacal Jardón

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3207/2017 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado da Administración da Seguridade Social, en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 6 de outubro de 2017, no recurso de suplicación 3207/2017, interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, do 5 de maio de 2017, no procedemento 748/2013, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Exclusivas Torrado Montero, S.L., Lilian Rocío Pico Martínez, Agnieszka Girejko, Andrea Poledna, Cleice Marinho de Sousa e Janete Pimentel López, sobre procedemento de oficio.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordan, mandan e asinan os maxistrados indicados na marxe».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Agnieszka Girejko, Marinho de Souza Cleice, Janette López Pimentel, Exclusivas Torrado Montero, S.L., Lilian Rocío Pico Martínez e Andrea Poledna, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza