Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51276

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2202/2018-MRA).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2202/2018-MRA

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 1196/2015. Xulgado do Social número 3 da Coruña

Recorrente: Rut Devesa Vázquez

Avogada: María Elena Teixeira Barcala

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Hermanos Martínez Alvedro, S.C.

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2202/2018 desta sección, seguido por instancia de Rut Devesa Vázquez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Hermanos Martínez Alvedro, S.C., sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que estimamos o recurso de suplicación interposto por Rut Devesa Vázquez contra a Sentenza do 1 de marzo de 2008, do Xulgado do Social número 3 da Coruña, ditada nos autos número 1196/2015, seguidos por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e sendo codemandada a empregadora Hermanos Martínez Alvedro, S.C. Todo isto revogando a sentenza de instancia e desestimando a demanda presentada no seu día polo INSS. Sen condena en custas.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano del.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Martínez Alvedro, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza