Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51278

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2596/2018-BC).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2596/2018-BC

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 449/2017. Xulgado do Social número 4 de Vigo

Recorrente: José Carlos González Ríos

Avogado: Manuel Ángel García Álvarez

Procurador: Domingo Rodríguez Siaba

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Construcciones Sagrobes, S.L.

Avogado/a: letrado/a da Seguridade Social, María Araceli Martínez Araújo

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2596/2018 desta sección, seguido por instancia de José Carlos González Ríos contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Construcciones Sagrobes, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante, José Carlos González Ríos, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nestes autos tramitados por instancia do recorrente contra os demandados, Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua Fremap e a empresa Construcciones Sagrobes, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Sagrobes, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza