Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50886

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas relativa ao expediente de contratación para a adxudicación do contrato da obra do proxecto de execución da terminal de autobuses integrada na nova estación intermodal de Vigo.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización das actuacións de carácter técnico que se susciten no expediente de contratación relativo á obra do proxecto de execución da terminal de autobuses integrada na nova estación intermodal de Vigo, que ten as seguintes características:

– Obxecto: encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade á AXI para a realización dos seguintes traballos:

• Na fase de aprobación do proxecto:

- Informe de supervisión do proxecto relativo á obra do proxecto de execución da terminal de autobuses integrada na nova estación intermodal de Vigo.

• Na fase de licitación do contrato de obras:

- Elaboración do informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas, incluídos os informes relativos a posibles baixas desproporcionadas.

• Na fase de execución do contrato de obras:

- A dirección do contrato, como responsable del, correspondéndolle as facultades atribuídas polo artigo 62 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

- Sen prexuízo das funcións que lle correspondan ao director facultativo das obras, no suposto da existencia dun modificado sobre o contrato de obras a AXI, a través dos seus órganos técnicos, deberá emitir o correspondente informe técnico.

- A comprobación do replanteo do proxecto. 

- En relación á tramitación das certificacións de obra e, de ser o caso, á liquidación do contrato, sen prexuízo das funcións que ao respecto correspondan ao director facultativo, esas deberán ser visadas  polo órgano que designe a AXI.

• Calquera outro informe de carácter técnico que en relación con este contrato de obras sexa solicitado polo órgano xestor.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: a vixencia da presente encomenda será de 36 meses desde a súa sinatura.

– Supostos en que procede a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade