Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50888

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C 481.3, ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Convocatoria: Orde do 19 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio).

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

TR 358A Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas.

Entidade beneficiaria

Concedido (2018)

Aplicación orzamentaria

Asociación de Traballadores por Conta Propia da Comunidade de Galicia (ATA-Galicia)

50.000,00

09.40.322C 481.3

Asociación Intersectorial e Interterritorial dos Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia)

50.000,00

09.40.322C 481.3