Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 331/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 331/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tomás Rubio Fernández contra Ferr and Ferr Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Tomás Rubio Fernández contra a entidade Ferr and Ferr Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Ferr and Ferr Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 20.512,69 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados entre xuño de 2013 e o 30 de xuño de 2014, así como da extinción da relación laboral (quitanza), incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, sinalando en «Concepto» os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con seis díxitos (catro para o número e dous para o ano) e, se é fisicamente nunha oficina do Banco Santander, na conta número 4757000065 e número de expediente con seis díxitos (catro para o número e dous para o ano), acreditado mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ferr and Ferr Instalaciones y Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza