Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 26 de novembro de 2018 Páx. 50170

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (901/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 901/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Fariña Romero contra Estructuras Dabalpo, S.L.U. e Fogasa sobre salarios, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Martín Fariña Romero, contra a entidade Estructuras Dabalpo, S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Estructuras Dabalpo, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.947,85 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios percibidos entre maio e xuño de 2017, e a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer ningún recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Dabalpo, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

A Coruña, 6 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza