Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49624

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 725/2016).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 725/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da entidade Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Brandon e Hijo, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 25 de outubro de 2018.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número PO 725/2016 en que son parte, dun lado, como demandante, a Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández e, en virtude de poder notarial de substitución, do letrado Adrián Núñez Fernández e, como demandado, Construcciones Brandon e Hijo, S.L., que non compareceu malia estar citado en legal, forma sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Brandon e Hijo, S.L., debo condenar e condeno esta entidade a aboar á demandante 206,36 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Construccións Brandon e Hijo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza