Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49622

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (exequatur 691/2018).

Exequatur (EXE) 691/2017

Sobre: incidente de execución de sentenza

Interveniente, demandante: Ministerio Fiscal, Claudia Patricia Alzate Arboleda

Procuradores: (...), Ángel Soto Pérez

Avogados: (...), Cristina del Río Guimerans

Demandado: Jorge Hernán Ordóñez Muñoz

No procedemento de referencia ditouse o auto cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto exequatur 21/2018.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 12 de xaneiro de 2018.

Antecedentes de feito.

I. Que con data do 18 de maio de 2017 se presentou escrito do procurador Sr. Souto, en nome de Claudia Patricia Alzate Arboleda, en que solicitaba declaración de exequatur de sentenza de divorcio ditada o 8 de marzo de 2016 pola Notaría número 4 de Palmira, na República de Colombia, do matrimonio formado por Claudia Patricia Alzate Arboleda e Jorge Hernán Ordóñez Muñoz.

II. Citouse en legal forma o Ministerio Fiscal e este manifestou non se opor ao pedido e interesar que se ditase auto.

III. O procedemento de divorcio en Venezuela tramitouse por instancia de ambas as dúas partes.

Parte dispositiva.

Estimo a demanda de exequatur presentada polo procurador Sr. Souto, en nome de Claudia Patricia Alzate Arboleda, e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza de divorcio ditada o 8 de marzo de 2016 pola Notaría número 4 de Palmira, na República de Colombia, do matrimonio formado por Claudia Patricia Alzate Arboleda e Jorge Hernán Ordóñez Muñoz.

Unha vez que se notifique esta resolución, anótese no Rexistro Civil central do Ministerio de Xustiza español, con testemuño da presente resolución e da sentenza ditada en Colombia.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jorge Hernán Ordóñez Muñoz, expídese este edicto para que sirva de notificación en forma.

Ourense, 25 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza