Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49620

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1370/2017).

Divorcio contencioso (DCT) 1370/2017

Demandante: Jesús Manuel Cardero Rodríguez

Procuradora: María de la Luz Araujo Novoa

Avogado: Julián Pérez Rodríguez

Demandada: María das Mercedes Cirqueira Lima

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se tramita divorcio contencioso 1370/2017, seguido por instancia de Jesús Manuel Cardero Rodríguez contra María das Mercedes Cirqueira Lima, no cal se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 257/2018.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 15 de maio de 2018.

Vistos os presentes autos número 1370/2017, sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Araujo, en nome e representación de Jesús Manuel Cardero Rodríguez, como demandante, asistido polo letrado Sr. Pérez, fronte a María das Mercedes Cirqueira Lima, declarada en rebeldía.

Decido.

Acordo a disolución do matrimonio formado por Jesús Manuel Cardero Rodríguez e María das Mercedes Cirqueira Lima con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, e deberase constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil, onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a maxistrada xuíza».

E para que así conste e lle sirva de cédula de notificación para a demandada Maria das Mercedes Cirqueira Lima, en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación, expido este.

Ourense, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza