Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 20 de novembro de 2018 Páx. 49618

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (409/2018).

Demandante: Paola Andrea Torres Vasquez

Procuradora: Ana Crespo Damota

Demandado: Santiago Clavijo Toro

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se tramita garda, custodia e alimentos, contencioso 409/2018, procedemento seguido por instancia de Paola Andrea Torres Vasquez contra Santiago Clavijo Toro, no cal se ditou sentenza cuxos encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 790/2018.

Ourense, 10 de outubro de 2018

Lucía Isabel Yebra-Pimentel López, xuíza de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos número 409/2018, sobre patria potestade, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial, promovidos por Paola Andrea Torres Vasquez, representada pola procuradora Ana Isabel Crespo Damota e asistida polo letrado Benjamín Pablo Casanova López, contra Santiago Clavijo Toro, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decisión:

Que estimando parcialmente a demanda articulada pola procuradora Ana Isabel Crespo Damota, en nome e representación de Paola Andrea Torres Vazques, contra Santiago Clavijo Toro, establezo as seguintes medidas relativas aos menores S. e S.C.T.:

1. A patria potestade exercerana conxuntamente ambos os dous proxenitores.

2. Atribúeselle á nai a garda e custodia.

3. Establécese o seguinte réxime de visitas a favor do pai:

a) Fins de semana alternos desde o venres ás 20.00 horas ata o domingo ás 20.00 horas.

b) As tardes dos martes e os xoves desde as 17.00 horas ás 20.00 horas.

c) Metade das vacacións escolares de Nadal, Semana Santa e verán. En caso de discrepancia, elixirá os anos pares a nai e os impares, o pai.

c1) Verán: meses de xullo e agosto, un mes con cada proxenitor.

c2) Nadal: dous períodos desde a fin do curso escolar ata o 31 de decembro (incluído) e desde 1 de xaneiro ao inicio do curso escolar.

c3) Semana Santa: dous períodos desde o primeiro día non lectivo ata o mércores e desde o xoves ata o reinicio das clases.

4. O pai deberá contribuír aos gastos de alimentación e educación dos seus fillos menores cunha pensión alimenticia mensual de 200 euros de contía, que se actualizará anualmente de conformidade co IPC e que se ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

5. O pai deberá satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios que xere a atención dos menores.

Sen custas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra esta cabe interpor, no prazo de 20 días desde o seguinte á notificación, recurso de apelación ante este tribunal, que resolverá a Audiencia Provincial de Ourense.

Así o acorda, manda e asina a xuíza».

E para que así conste e lle sirva de cedula de notificación para o demandado Santiago Clavijo Toro, en paradoiro descoñecido, e para a súa colocación no taboleiro de anuncios do xulgado, expido o presente edicto.

Ourense, 10 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza